Saturday 04 de May de 2024

O espectáculo “EKILIBUÁ-Cía. Maintomano” atraeu a numerosas persoas ao pavillón do Colexio O Grupo no Festival RIveira


O pavillón do CEIP O Grupo acolleu no mediodía de hoxe unha nova actuación que forma parte da Fiestra da Cultura e o Festival RIveira titulado “EKILIBUÁ-Cía. Maintomano” e ofrecido por Pistacatro.

Trátase dunha orixinal proposta na que o teatro se fusiona cos portes acrobáticos, o lanzamento de coitelos, os equilibrios e a manipulación de obxectos. Numerosas persoas –entre elas a concelleira de Cultura Fabiola García- se achegaron a presencialo.

Mañá as actividades culturais proseguen a través dunha actuación do clown e mimo Fredi Circanelo. Será novamente ás 12 do mediodía no pavillón do colexio O Grupo.